lunes, 4 de abril de 2016

¿QUÉ SABEMOS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO?


Hoxe a profe trouxo a clase unhas fotografías para indagar un pouquiño sobre os coñecementos que tiñamos sobre o Camiño de Santiago.















Rematada a posta en común quixemos plasmar os nosos coñecementos por medio da técnica folio xiratorio e dar resposta a pregunta 

¿Qué sabemos sobre o Camiño de Santiago?

Formamos grupos de 4 e 5 nenos/as, cada quen cun rotulador de diferente cor. 
En cada grupo empeza un neno/a a escribir un debuxo/palabra/frase... do que sabe sobre o tema.  
Despois xira o folio ó seguinte neno/a e así sucesivamente ata que os integrantes do grupo escribiron no folio. Entre eles teñen que axudarse e traballar en equipo.
Finalmente cada grupo explícalle ao resto da clase o que escribiron.
E facemos unha posta en común.











1 comentario: