jueves, 24 de septiembre de 2015

PARABÉNS MARIÑA

ENTRE XOGOS E RISAS.... FESTEXAMOS O CUMPLEANOS DE MARIÑA
MOITÍSIMAS FELICIDADES, XA TES 5 ANIÑOS¡¡¡





viernes, 4 de septiembre de 2015

FESTA DE BENVIDA¡¡¡

O xoves 10 de Setembro os nenos/as de 4 e 5 anos comenzarán o curso cunha festa de benvida que se celebrará de 10 a 12h. O día 11 terán o seu horario habitual de 9.15 a 14.15.

Como ben sabedes levo un embarazo un pouquiño complicado e, moi ao meu pesar, non me será posible empezar o curso cos nenos/as ata rematada a maternidade. De seguro que estarán encantados coa profesora ou profesor que me veña sustuir e intentarei facer todas as visitas que me sexan posible. 
Mentras tanto, a disfrutar do novo curso e vémonos á volta¡¡¡¡


martes, 1 de septiembre de 2015

INICIAMOS NOVO CURSO

REUNIÓN INICIO DE CURSO
O vindeiro venres 4 de Setembro ás 12h terá lugar a reunión para todas as familias do alumnado do centro. Nesta reunión presentaremos ao profesorado, informaremos do comezo do curso e do material que necesitan os alumnos. Posteriormente, as familias dos alumnos de novo ingreso terán unha reunión coas titoras onde se informará dos horarios para as entrevistas así como do periodo de adaptación que comprenderá dende o día 10 ata o 23 de Setembro, ambos inclusives.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2015/ 2016

Falta por poñer os dous días non lectivos que serán aprobados polo Consello escolar a proposta do Claustro, previa aprobación da Xefatura territorial de Educación