viernes, 30 de enero de 2015

TÉCNICA DO SOPRADO

Estivemos a experimentar coa técnica do soprado.
Con palliñas, pintura de cores e... moitas ganas de pasalo ben
Sopramos, sopramos e sopramos.... ata quedar sen folgos
Así de fermosas quedaron as nosas creacións¡¡¡


E así de ben o pasamos¡¡¡







DÍA DA PAZ

O tempo non acompañou pero índa así...  quixemos festexar o Día da Paz.



 Entre todos fixemos o noso xardín da Paz, empregando as flores (cada nivel dunha cor) que xa preparamos en días previos.
Neste xardín florecen as nosas mensaxes de PAZ que de seguro darán os seus froitos.


Finalmente bailamos e cantamos a canción do mes " Apertas que voan" de Brinca Vai e....
a gran sorpresa, a solta de POMBAS








jueves, 29 de enero de 2015

Laura trouxo unhas fotos disfrazada de Pintor

Laura hoxe trouxo varias fotos de cando era un pouco mási pequena e se disfrazou de Pintor.


Pero no disfraz aparece escrito un nome, ¿de quén se tratará? 
MIRÓ
De que vos pode soar? Si, é un pintor.
Así que aproveitando... decidimos que íamos indagar sobre este pintor 
Observando algunha das súas obras, quixemos decorar a nosa porta facendo algúnha delas.
Aquí tedes o resultado da nosa réplica de "Cantante Melancólico".






Mentras tanto... seguimos disfrutando co Arte e indagando sobre Miró.

martes, 27 de enero de 2015

O noso recuncho dos Pintores segue crecendo

Yago trouxo, para o noso recuncho, uns cadros feitos pola súa tía


Aixa, un gran mural onde aparecen pintores da nosa comarca: Lino Silva, 
Bríxida Leiro, Xurxo Durán, Saúl Otero....


E así esta a quedar o noso Recuncho


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS



Sementamos Paz

Nestes días estamos a preparar o día da Paz.
Para ilo picamos unha flor que decora o noso envase de iogur branco.
Despois empregando auga e algodón sementamos Berros.






Escribimos unha mensaxe de Paz nunha regadeira e observamos como vai crecendo e florecendo.




O día 30 de Xaneiro poderedes ver cal e a finalidade desta actividade¡¡¡
Ata entón... toca esperar¡¡¡

lunes, 26 de enero de 2015

Máis aportacións para o noso recuncho dos Pintores.

Seguimos recibindo moitísimas cousas para o noso recuncho dos pintores.

Carla Martínez trouxo varias cousiñas, entre elas, esta composición que fixo da obra de Miró


María e Ana... libros de distintos Pintores e técnicas artísticas.


Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración

Libro dos oficios

Estamos a coñecer moitísimos oficios coa elaboración do noso libro.
Neste caso foi Bernardo quen explicou en qué consistía o traballo dos seus pais.
Encárganse de elaborar, na súa adega,  e comercializar viño por todas partes do mundo.
Aquí tedes o seu traballo.


Mochila Viaxeira

Claudia disfrutou ao longo desta semana da Mochila Viaxeira.
O que máis lle gustou foi o conto da Vaca Concdesa 
Así de fermoso quedou o seu debuxo.


viernes, 23 de enero de 2015

FELICIDADES BERNARDO

XA TEMOS O SEGUNDO CUMPLEANOS DO ANO
BERNARDO XA TEN 5 ANIÑOS

MOITÍSIMAS FELICIDADES¡¡¡


BENVIDO PABLO


DESEXAMOS DE TODO CORAZÓN QUE DISFRUTES
 CON TODOS NÓS DO TEU PASO POLO NOSO COLE

BENVIDO PABLO



miércoles, 21 de enero de 2015

Man de cores

Hoxe, entre moitas cousas, estivemos a pintar a nosa man de cores
 tal e como aparece na portada do conto "Los Colores" 





lunes, 19 de enero de 2015

Investigamos sobre o ARTE: Artistas da nosa comarca

Continuamos co noso proxecto Anual Coñecemos Cambados a través dos oficios e neste trimestre adentrámonos no mundo dos artistas, máis concretamente Os Pintores.

¿QUÉ SABEMOS? 
- Que os pintores son artistas
- Que empregan pinceis, acuarelas, lienzos, cabaletes, témperas, pinturas, lápis....
- Tamén fan esculturas
.....
¿QUÉ QUEREMOS SABER?
- Cómo fan os cadros.
-Coñecer algñuns artistas da comarca
- Coñecer algún pintor famoso
....
AGORA A DISFRUTAR INVESTIGANDO E EXPLORANDO¡¡¡

Empezamos ceñecendo algúns pintores da nosa comarca como Benito Montero, Brígida Leiro, Mon Costa e como non Lino Silva. Tamén identificamos dúas esculturas emblemáticas da nosa comarca como son o Baco, obra de Paco Leiro e As copas do viño, obra de Manolo Paz.

Ademáis, seguimos a recibir moitísimo material para seguir investigando

Carolina trouxo moitas cousas entre as que cabe destacar uns debuxos feitos a carboncillo por Tino, o marido da súa nai.


 E Claudia trouxo un cadro feito a óleo que fixo coa axuda da súa tía e que acompañou cun mural explicativo do proceso así como materiais que empregou.








Libro dos oficios

Esta semana foi Carolina a encargada de traballar o oficio dos seus pais.
Explicou que a súa nai e ama de casa, realiza as tarefas da casa, tamén axuda na limpeza doutras casas e coida a súa avoa. Tino, é mariñeiro e ademáis encántalle pasar o seu tempo libre pintando.
Aquí tedes o seu traballo.



Mochila viaxerira

Mauro disfrutou esta semana da mochila viaxeira.
O conto que máis lle gustou foi Vaca Condesa e coa axuda do seur irmán fixeron este fantástico debuxo.


miércoles, 14 de enero de 2015

Mesturamos cores¡¡¡

Hoxe estivemos experimentando coas cores por medio do conto " Los Colores" da editorial Kokinos.
Trouxéronllo os Reis Magos a profe e gustounos moitísimo¡¡¡


Mesturamos cores empregando diversos materiais:  sobre cartolina, con plastilina, con pintura de dedos, coas ceras.... 
¿Qué ocorre se mesturamos a cor vermella coa cor amarela? ¿e a cor azul coa vermella? e a amarela coa azul? ¿e se mesturamos o negro co branco? ¿e se engadimos branco a unha cor? ¿e se engadimos o negro?.... 
Unha experiencia coa que disfrutamos moito e coa que aprendimos moitas cousas¡¡¡
Recordarvos que continuamos co noso proxecto Anual "Coñecemos Cambados a través dos oficios" e neste segundo trimestre seremos Pintores , indagaremos sobre o arte.


lunes, 12 de enero de 2015

Libro dos oficios

Despois dunhas merecidas vacacións... o libro dos oficios volve a ir de casa en casa.
Neste caso foi Carla Martínez a encargada de explicarnos o oficio dos seus pais.
Explicou que a súa nai traballa de médico e o seu pai  de policía. 
Aquí tedes o su traballo.



jueves, 8 de enero de 2015

AGASALLOS

Os Reis Magos tamén pasaron polo noso cole e deixaron uns cantos agasallos¡¡
¡¡ Qué emoción¡¡¡¡ BENNNNNNNNNNNNN


Como nos gusta moito pintar e neste segundo trimestre ímos ser pintores... trouxeron un xogo parea pintar mándalas e outros dous para pintar figuriñas ademáis de material para manipular e facer manualidades, un quebracabezas de caperuchiña vermella e un casco de bombeiro.
Tivemos que ser moi bos para tanto agasallo¡¡¡
QUE SORTE¡¡¡