viernes, 29 de noviembre de 2013

CHEGOU O GRAN DÍA¡¡¡¡

HOXE POR FIN CANTAMOS TODOS XUNTOS PAN DE MILLO.

DENDE PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ ESTIVEMOS 
A TRABALLAR A CANCIÓN PAN DE MILLO.

PRIMERIO FIXEMOS UNHA FICHIÑA NA QUE TIÑAMOS QUE PEGAR GOMETS
 E PINTAR O MILLO DE AMARELO. 
MIRADE O RESULTADO



DESPOIS XUNTÁMONOS COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A. 
AS PROFES TIÑAN UNHA GRAN SORPRESA 

¡¡¡MILLO DOCE E FLOCOS DE MILLO¡¡¡
 ÑAM ÑAM ÑAM ¡¡¡ QUE RICOOOOOOOO¡¡¡





FINALMENTE..... A CANTAR¡¡¡¡

sábado, 23 de noviembre de 2013

ENSAIAMOS PAN DE MILLO

Ao longo do curso, a nivel de centro, ímos traballar cada mes unha cantiga popular que cantaremos todos xuntos.
Este mes aproveitando que Migallas teatro e a editorial Kalandraka editaron o novo libro-disco Pan de millo, decidimos que fora Pan de Millo a canción escollida.


Este venres os nenos/as de 3 anos xuntámonos para ensaiar a canción e de paso aprender un pouquiño mais sobre o millo e intentar comprender algunhas palabras que non entendíamos da canción.
Levamos un cesto cheo de millo, carozos e fariña.
 Puidemos observar as distintas cores do millo, esfollamos, debullamos.... e finalmente cantamos a canción todos xuntos. 












jueves, 21 de noviembre de 2013

Libro do noso nome

Aquí vai un pequeno adianto do voso traballo no Libro dos nosos nomes.
 Motísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración
Mentras tanto, nós seguimos traballando o nome na clase 
e o libro seguirá pasando de casa en casa.

viernes, 15 de noviembre de 2013

HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN Á PASTORA

Hoxe fixemos a nosa primeira excursión. Saímos á Pastora para recoller follas do outono e de paso observaren os cambios que se producen na paisaxe coa chegada desta nova estación. Esta saída fíxose de esperar pois non deixaba de chover e cando as mestras vimos que o mal tempo daba un respiro... aproveitamos¡¡¡




Cando chegamos as nosas aulas fixemos coas follas o número 1 e a O (para moitos tamén o 0 e o círculo).
Mirade  o resultado.




Ademáis estamos a facer os nosos bonecos do outono coas follas que recollimos pero teredes que agardar un pouqui
ño ata que os rematemos.

MOITÍSIMAS FELICIDADES CLAUDIA


martes, 5 de noviembre de 2013

Xa temos 8 chaves¡¡¡

Moitísimas felicidades aos que conseguiron escribir o seu nome e moitísimo ánimo para os que aínda están en proceso. Moitos estan a piques de consegui-lo, só precisan un pequeno empurrón¡¡¡
A seguir esforzándose, o conseguiremos¡¡¡¡