sábado, 23 de noviembre de 2013

ENSAIAMOS PAN DE MILLO

Ao longo do curso, a nivel de centro, ímos traballar cada mes unha cantiga popular que cantaremos todos xuntos.
Este mes aproveitando que Migallas teatro e a editorial Kalandraka editaron o novo libro-disco Pan de millo, decidimos que fora Pan de Millo a canción escollida.


Este venres os nenos/as de 3 anos xuntámonos para ensaiar a canción e de paso aprender un pouquiño mais sobre o millo e intentar comprender algunhas palabras que non entendíamos da canción.
Levamos un cesto cheo de millo, carozos e fariña.
 Puidemos observar as distintas cores do millo, esfollamos, debullamos.... e finalmente cantamos a canción todos xuntos. 












No hay comentarios:

Publicar un comentario