martes, 29 de abril de 2014

Aprendemos co conto "Unha eiruga moi larpeira"

Hoxe levamos unha gran sorpresa, xa temos o primeiro verme¡¡¡¡
Síiii¡¡¡
Como xa terá fame... temos que darlle de comer así que saimos ao patio a buscar follas de moreira
para que creza moito moito e pronto se converta nunha bolboreta



E para saber un pouquiño máis sobre os cambios que vai sufrir o noso primer verme....
traballamos o conto  "Unha eiruga moi larperia" co que
ademáis de coñecer o ciclo vital do verme.... aprenderemos moitas cousas máis.





Buscando, buscando, atopei unha montaxe casera feita con plastilina, está xenial



Quixemos facer o noso pequeno mural para contar o conto 
e de paso traballar os alimentos, as cores, os números e os días da semana.









lunes, 28 de abril de 2014

Seguimos a disfrutar cos contos

Hoxe o papá de Gael, de 3 anos A, veu contar "Chivos Chivóns", 
un conto co que disfrutamos moitísimo.
Moitísimas grazas Luis.



Disfrutade do conto¡¡





Como cada luns...

Como cada luns a mochila viaxeira retorna as nosas aulas, neste caso Joao foi quen disfrutou dela.
O que máis lle gustou foi o conto dos bolechas e así o representou.


Parabéns Mauro

Onte, 27 de Abril, Mauro estivo de cumpleanos.
Hoxe quixo festexa-lo con todos nos¡¡
Moitísimas Felicidades MAURO¡¡¡


viernes, 25 de abril de 2014

Temos novos amiguiños

Unha caixa¡¡¡ que poderá albergar no seu interior?

ohhhhhhhhhhh uns ovos de vermes¡¡¡ 

Sí, Sí, oides ben. 
Neste último trimestre coidaremos e observaremos 
a estes novos amiguiños para desta forma 
observar o seu ciclo vital e responsabilizarnos do seu coidado.




e para saber un pouquiño máis destes curiosos animaliños... 








Disfrutando cos contos¡¡¡

Hoxe a nai de Aixa veu a contarnos un conto, "Abuelita, te acuerdas?"
Disfrutamos moitísimo da súa compañía,
 moitísimas grazas¡¡¡






Ademáis, a profe Dolo tamén quixo contarnos outros contos, "Bebé Bigotes" e un conto cheo de contos




Un día moi divertido no que disfrutamos cos contos deixando voar a nosa imaxinación
Pero esto non foi todo, ademáis levamos para casa os nosos propios marcapáxinas 
que fixemos con moito entusiasmo e ilusión.  










miércoles, 23 de abril de 2014

Día do Libro

O 23 de Abril os libros están de festa. 


Para festexar dita conmemoración, 
no centro fixemos unha pequena exposición 
onde se poden observar libros de distintos tamaños, texturas, formas... 
con debuxos, con letras, pop up, en forma de guiñol... 



Ademáis, a mestra contonuos o conto dun Principe Caprichoso de Beatriz Montero,
 empregando como recurso de apoio o libro pop up "un punto rojo".
Disfrutade do conto.


Ao longo do mes de Abril (e ao longo de todo o curso), 
teremos a gran sorte de recibir a visita de moitos pais para contarnos fantásticas historias 
e as mestras irán polas aulas para facernos disfrutar co mundo fantástico da lectura



O escudo de María

María fixo, coa axuda da súa familia, o seu escudo para a nosa exposición.
Encantounos¡¡¡


viernes, 11 de abril de 2014

VACACIÓNS

Despois dun trimestre moi longo... por fin as tan ansiadas vacacións¡¡¡



Que disfrutedes das vacacións¡¡¡

Volvemos o día 22 de Abril¡¡¡



O noso laúd

Fai tempo pedimos caixas de queixos porque tiñamos en mente unha actividade.
Pois ben, este foi o resultado de moito traballo por parte de todos
un Laúd para cada un 




Die Kleine Raupe Nimmersatt

Como todos sabedes, ao longo do mes de Abril, e ao longo do curso, podedes vir a ler un conto.

Hoxe a mamá de Pilar quixo contarnos un conto en Alemán,  
 e compartiren con todos nós un pouco do seu tempo.

Die Kleine Raupe Nimmersatt

en galego "Unha eiruga moi larpeira"




A súa titora Loreto, encargouse de entregar o seu diploma por participar nesta actividade conxunta.


Ademáis, aprendemos a nosa primeira palabra en Alemán, 
"HALLO" (Hola)
Aquí vos deixamos o conto  para que o disfrutedes



miércoles, 9 de abril de 2014

martes, 8 de abril de 2014

Bernardo e a mochila viaxeira

Bernardo disfrutou da Mochila viaxeira ao longo desta semana.


Mentras disfrutamos das vacacións, a mochila viaxeira fai un pequeno descanso 

lunes, 7 de abril de 2014

O escudo de Joao

A piques de rematar o trimestre seguimos a recibir máis escudos. 
Neste caso foi Joao o que amosou a súa creación.


viernes, 4 de abril de 2014

Primavera tola¡¡¡

Esta primavera está un pouco tola¡¡¡Chove, sae o sol....
Seguimos esperando que  nos agasalle con bo tempo 
Mentras tanto... seguimos ambientando a nosa aula




jueves, 3 de abril de 2014

Cantamos e aprendemos xuntos¡¡¡¡

Queríamos compartir con todos vós algúns dos momentos 
nos que aprendemos, compartimos e cantamos xuntos.




Mural da Primavera

Quixemos decorar a nosa aula facendo un mural da primavera así que....
¡¡¡Mans a obra¡¡¡
Estampamos con esponxas o fondo e coas nosas mans 
fixemos uns fermosos tulipáns de distintas cores.
Este foi o resultado, encantounos e sobre todo... 
pasamos unha xornada moi divertida na que traballamos man a man.








miércoles, 2 de abril de 2014

Os Xirasois

Cada estación, a mestra emprega unha obra de arte para que os nenos/as
de forma lúdica, adéntrense no mundo do arte.
No inverno empregamos o cadro " A Nevada" de Goya e agora, na primavera, 
coñecemos  "Os Xirasois" de Van Gogh.
Pois ben, quixemos facer o noso propio cadro e de paso iniciarnos no uso das tesoiras.
O resultado non podía ser máis fermoso.