martes, 30 de septiembre de 2014

Recuncho dos cociñeiros

Seguimos  a recibir cousiñas para o noso Proxecto.
Nesta ocasión Ana trouxo dous libros onde atopar información sobre a alimentación e sobre utensilios de cociña, unha película sobre hábitos alimenticios saudables.... Carla Martínez estaba moi guapa co seu "Le Toque Blanche", o seu delantal e os distintos utensilios que trouxo para o noso recuncho.
Ademáis, Aixa que xa trouxera un libro sobre o mar, trouxo moitas cousiñas máis.
Mirade cantas cousas temos.




FELICIDADES OLIVER

Oliver xa ten 4 aniños¡¡¡
Moitísimas Felicidades¡¡¡


lunes, 29 de septiembre de 2014

Ímos á compra

Queremos facer unha receta "Brochetas de froita" e para ílo necesitamos ir mercar os ingredientes.
Preparamos a nosa lista e... puxémonos de camiño ao supermercado.
Aprendimos moitas cousas e como nos portamos moi ben...
recibimos un agasallo de mans do encargado , "Moncho".
De volta, na nosa aula, e cos productos xa nas nosas mans...
 fixemos as nosas "Brochetas de froita" , estaba moi moi fresuiñas e ricas¡¡¡

Aquí tedes parte da nosa viaxe e da elaboración da receta.



Queremos dar as grazas á Policia Local de Cambados por acompañarnos 
de volta na nosa viaxe ao supermercado.
Grazas¡¡¡¡

O Noso Recuncho dos Cociñeiros

O noso recuncho dos cociñeiros vai medrando pouco a pouco. 
Nesta ocasión Mauro trouxo algunhas recetas e algúns utensilios de cociña, unha cazueliña de barro e unha cunca de barro; Mariña culler e garfo de madeira, Izan tamén trouxo utensilios de madeira, algunha foto de alimentos... e Claudia unha secuencia de fotografías onde explica cómo fixo unhas riquísimas galletas e unha receta de carne. As galletas estaban de fábula, damos fe¡¡¡
Moitísimas grazas a todos.








viernes, 26 de septiembre de 2014

Chef Junior

Mirade que guapo quedou o noso  Chef Junior co Mandil que nos trouxo Laura.

Ademáis hoxe aprendimos que ese gran gorro que leva todo chef chámase 

LE TOQUE BLANCHE¡¡¡




jueves, 25 de septiembre de 2014

Vai de Contos

Encántanos escoitar contos e para ilo soemos xuntarnos cos nenos/as de 4 anos A e disfrutar todos xuntos de maravillosas historias.
Nesta ocasión a profe Loreto quixo compartir con todos nós a increible historia da "Cociñeira do rei"


O hábito lector dende moi temprano e de suma importancia por ofrecer variedade de beneficios: os contos estimulan a fantasía, a memoria, a expresión, axudan na evolución da linguaxe,  aprenden a escoitar mellorando  a súa atención e a súa memoria, permiten transmitir valores como a amizade, a solidaridade... permite que os nenos/as se identifiquen coas personaxes o que lles axuda a afrontar medos, solucionar problemas...




miércoles, 24 de septiembre de 2014

Somos Cociñeiros.

Xa empezan a chegar as primeiras cousiñas para traballar no Proxecto "Somos Cociñeiros"


Carla Millan trouxo un álbum con recetas, ciclos productivos e debuxos dalgúns alimentos e Bernardo propaganda do super e un libro de cociña con moitas recetas.


Aixa un libro sobre cousas do mar onde observamos os distintos peixes, mariscos... algas e cousas coas que se poder traballar na pesca. Yago un fermosos traxe de cociñeiro que lle fixo a súa nai e co que estaba así de guapo.

Para os que aínda non tedes moi claro que traer ... deixamos algunhas suxerencias: utensilios de cociña (culler de madeira, taboa de madeira, potas...); xogos de alimentos, mandíl, contos sobre cociñeiros ou alimentación, roda ou pirámide dos alimentos, algunha receta feita na casa e explicada por medio de fotografías para que se poida explicar na aula, imáxenes de como son os restaurantes onde traballan os cociñeiros, lugares de traballo dos cociñeiros... 

Esperamos que serva de axuda estas pequenas suxerencias.
Un saúdo.







MOITÍSIMAS FELICIDADES MARIÑA

Xa temos o primer cumpleanos do curso, Mariña cumple 4 anos. 
Moitísimas felicidades¡¡¡


lunes, 22 de septiembre de 2014

COÑECEMOS CAMBADOS

Hoxe fixemos a nosa primeria excursión do curso, unha viaxe no pavitrén 
para poder coñecer un pouquiño mellor Cambados 
e de paso adentrarnos no noso proxecto de centro 
" Os oficicios a través de Cambados".




Como xa todos sabedes, os nenos/as de 4 anos ímos adentrarnos no mundo da cociña  por medio dos Cociñeiros, traballando a alimentación, facendo as nosas recetas por medio de obradoiros de cociña, coñecendo algún cociñeiro famoso da nosa comarca, establecementos de venta de alimentos (supermercados, mercado, lonxa, a praza de abastos...) e disfrutando todos xuntos¡¡¡



lunes, 15 de septiembre de 2014

COMUNICADO

Recordamos a tod@s que os neno@s de 4 anos
 teñen psicomotricidade os martes e os venres.
Un saúdo.

jueves, 11 de septiembre de 2014

Elmer e os seus amigos

Elmer é un elefante moi especial, si, si, moi especial.
Non é de cor gris coma toda a súa camada, destaca por ser de moitas cores.
Inda así... ten moitos amigos, todos diferentes entre sí, pero disfrutan xogando xuntos.

Nos tamén somos moi distintos, uns máis altos, outros más faladores, outros máis rápidos....
 pero sobre todo, somos AMIGOS. 
Cada un de nós aportamos algo especial que fai que todos disfrutemos xuntos.

Despois de ler o conto en compañia da profe Loreto e dos neno/as de 4 anos A, quixemos facer o noso propio mural de Elmer,este é o resultado.




miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS¡¡¡

Despois dunhas longas vacacións e de moita incertidumbre... 
iniciamos novo curso e outra vez todos xuntos.

Neste novo curso ímos votar moito de menos a Loaira, mandámoslle un gran bico¡¡¡  Pero tamén temos a sorte de contar cunha alumna nova, Carolina. Esperamos que disfrutes tanto coma todos nós¡¡¡


QUE GANIÑAS TIÑAMOS DE ESTAR XUNTOS OUTRA VEZ¡¡¡¡






miércoles, 3 de septiembre de 2014

Listaxe de material para o curso 2014-2015

Adxuntamos listaxe do material que solicitamos para o novo curso.


-          1 caixa rotuladores MAXI JOVI.
-          1 taco grande  de plastilina. 
-          1 paquete de 500  folios DIN A4 NAVIGATOR
-          1 paquete de 50 cartolinas cor branco A4
-          1 paquetes de servilletas de papel.
-          2 paquetes de toallitas húmedas.
-          2 caixas de pañuelos.
-          1 mantel individual para o almorzo.
-          1 DVD –R.
-          1 gorra para sair ao patio nos días de sol.
-          1 bolsa de tea para a merenda co nome do neno/a
-          1 mandilón con botóns por diante (con cinta para colgar, identificado co nome do neno/a na parte dianteira e o 2º botón grande e de distinta cor para facilitar a súa autonomía)

Os nenos/as de nova incorporación deberán traer 1 carpeta de plástico tamaño folio e outra carpeta tamaño cuartilla, tamén de plástico.

Este material debe vir nunha bolsa de plástico identificada co nome do neno/a. Non se deberá marcar o material.

Ao longo do curso poderase ampliar a listaxe de material.

Aproveito para recordar que o día 5 ás 11h terá lugar a reunión xeral no centro.
O mércores día 10, de 10-12h, teremos unha pequena festa para dar a benvida ao novo curso.
O día xoves día 11 o horario será o habitual.

Un saúdo, as titoras de 4 anos.