martes, 27 de mayo de 2014

A Mochila Viaxeira

Mauro e Izan disfrutaron da mochila viaxeira.

A Mauro encantáronlle os bolechas e Izan disfrutou co conto de Chocolatá e cos Bolechas.
Encantáronnos os seus debuxos.


.



.

viernes, 23 de mayo de 2014

DISFRUTAMOS COA PDI

Os venres soemos difsrutar un ratiño coa PDI e reforzar o traballado por medio das tecnoloxías.
Nesta ocasión traballamos co conto Unha eiruga moi larpeira



Aqui deixovos o Lim que empregamos para que o disfrutedes nas vosas casas

OS PRIMEIROS CAPULLOS¡¡

Xa temos os primeiros capullos na clase da profe Betol.
Disfrutamos moitísimo observando como se producía a gran transformación.
ESTES VERMES XA SE FAN MAIORES¡¡¡


jueves, 22 de mayo de 2014

NEIRA VILAS

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a visita do Sr. Neira Vilas.
Ademáis de escoitar música, recitou uns poemas acompañado de dous dos seus grandes amigos,
 un Osiño, que non lle deixaba durmir coas ganas de visitarnos,  e Pinocho, que veu dende Italia.
Moitísimas grazas Sr. Neira Vilas¡¡



              




Durante esta semana estivemos falando da súa obra e vida, 
coñecendo algunhas das súas obras máis destacadas
 e descubrimos a Balbino de Memorias dun neno labrego
 ao que quixemos plasmar por medio dun debuxo.
Mirade que artístas temos¡¡¡




martes, 20 de mayo de 2014

TÍTERES BABALUVA " LUME "

HOXE FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN EN AUTOBÚS 
PARA IR A PONTEVEDRA A VER UNHA OBRA DE TEATRO 
TÍTERES DE BAVALUVA "LUME"

MIRADE O BEN QUE O PASAMOS.









Claudia e a Mochila Viaxeira

Claudia puido disfrutar da mochila viaxeira.
Disfrutou moitísimo con todo o seu contido pero o que máis lle gustou foron 
o conto de chocolatá, os bolechas e A viaxe das bolboretas.



sábado, 17 de mayo de 2014

Obradoiro de Embossing

Este venres día 16 de Maio, Noelia, a filla da nosa profe Dolo,
 veu facer con todos nós un obradoiro de Embossing.
Qué será iso do embossing?


O embossing é unha técnica do scrap onde despois de estampar o noso motivo (neste caso foi a nosa inicial), aplicar uns polviños máxicos e acto seguido aplicarlle calor cunha pistola especial...
conseguimos unha textura especial en relevo e distintos efectos.

Disfrutamos moitísimo¡¡¡
Moitas grazas Noelia




Letras Galegas 2014


Os nenos/as da E.E.I da Pastora quixemos participar na celebración do día das Letras Galegas.
Para ilo, entre todos, e coa gran idea da profe Ingrid, fixemos un mural no que teredes que atopar 
e descifrar a mensaxe oculta empregando as gotiñas de auga.
Así que xa sabedes, estará exposto no paseo da calzada.

Aquí podedes ver parte do proceso.

Os nenos/as de 3 anos


Os nenos/as de 4 anos

Ingrid  e Haytam

Resultado final dun traballo cooperativo.


Esperamos que vos guste tanto como a nós.
¡¡¡A descifrar a mensaxe oculta¡¡¡




lunes, 12 de mayo de 2014

Visitamos o Pazo de Ulloa e o Pazo da Capitana

Fai tempo que a mamá de Airela propuxo visitar o Pazo de Ulloa coincidindo co noso proxecto 
"Somos inventores, viaxamos á idade Media"
pero o tempo non acompañaba así que despois de moito esperar... 
por fin puidemos facer a tan ansiada visita 
Moitísimas grazas a mamá de Airela e ao papá de Eirk por acompañarnos.










Ana e a Mochila viaxeira

Esta semana foi Ana a que disfrutou da Mochila Viaxeira.
Encantoulle todo o seu contido pero o que más lle gustou foi o conto de Chocolatá.


jueves, 8 de mayo de 2014

MANS CREATIVAS

Encántanos xogar xuntos, disfrutar dos nosos amigos,
compartir as nosas ideas e deixar voar a nosa imaxinación





lunes, 5 de mayo de 2014

Punver

A mamá de Sara de 3anos A veu contarnos un conto.
Moitísimas grazas polo teu tempo.



A Mochila Viaxeira

Esta semana foi Oliver quen disfrutou da Mochila Viaxeira.
O que máis lle gustou foi o conto de Chocolatá.
Aquí vos deixo o seu debuxo do conto.

viernes, 2 de mayo de 2014

FELICIDADES MAMÁ: ADIVIÑA CANTO TE QUERO¡¡

Aproveitando que está moi preto o día da nai... Vero quixo contarnos o conto "Adiviña canto te Quero"
Un conto que transmite moita ternura e amor,
 un conto que expresa sentimentos e emocións, 
un conto no que comprendemos que o AMOR non e algo fácil de medir.




FELIZ DÍA DA NAI