viernes, 25 de octubre de 2013

Seguimos disfrutando dos preparativos do Samaín

Hoxe traballamos moitisimo dende primeira hora da mañá. Primeiro fixemos guirnaldas para decorar o cole, despois coa axuda da mestra elaboramos o noso fantasma empregando pintura de dedos e as nosas mans. Para rematar pintamos unhas monstruosas caretas. 




Pero iso non remata aquí, despois do recreo xuntámonos coa profe Loreto e os nenos/as de 3 anos A e disfrutamos dun conto de bruxas " A cociña da bruxa" 
Non vos podedes ni imaxinar as cousas que ten esta bruxa na súa cociña.


viernes, 18 de octubre de 2013

Preparandonos para o Samaín

Cando chegamos a aula, atopamos un monstruo na nosa porta. 
Falamos un pouco do Samaín e... estes nenos e nenas son moi listos, mirade todo o que saben:

- Profe, profe, no Samaín saen as bruxas, os esqueletos.... (Maríña)
- Tamén decóranse cabazas.... (Bernardo)
- É unha festa de moito medo¡¡¡. Non, non hai que ter medo, son de mentira... (María e Bernardo)
-  Ademáis, os fantasmas non existen. (Mauro)

Así que para participar en dita celebración decidimos decorar a nosa aula con monstruos, morcegos, bruxas e gatos para crear un ambiente máis acorde con dita celebración.

Mirade, mirade¡¡¡


Ademáis, pasámolo moi ben cantando e bailando a canción dos esqueletos.


miércoles, 16 de octubre de 2013

NON DESISTIMOS¡¡¡


OS ESFORZOS EN SALVAR A NOSA MASCOTA MANOLA EMPEZAN A DAR OS SEUS FROITOS. 

HOXE CONSEGUIMOS OUTRA CHAVE, XA TEMOS 4¡¡¡ 

CARLA MILLÁN LOGROU ESCRIBIR O SEU NOME E MOITOS NENOS/AS ESTÁN A PIQUES DE CONSEGUILO. 
MENTRAS TANTO... SEGUIMOS TRABALLANDO CON MOITO ENTUSIASMO 




ADEMÁIS, XA EMPEZOU A RULAR O NOSO LIBRO DOS NOMES E CANDO O TEÑAMOS REMATADO PODEREDES VER O RESULTADO.
PARA QUE TEÑADES UNHA IDEA, ESTAS SON AS INSTRUCCIÓNS





miércoles, 9 de octubre de 2013

A BRUXA PATUXA SECUESTROU A NOSA MASCOTA MANOLA¡¡¡

HOXE CANDO CHEGAMOS A NOSA AULA COMO TODAS AS MAÑÁNS, PUXEMOS OS NOSOS MANDILÓNS E SENTÁMONOS NA ALFOMBRA PARA DAR OS BOS DÍAS A MANOLA A CARACOLA. CAL FOI A NOSA SORPRESA QUE...
                                                 NON ESTÁ¡¡¡ ONDE PODERÁ ESTAR? 



BUSCAMOS E BUSCAMOS ATA QUE.... PROFE, PROFE... ESO NON ESTABA ¡¡¡¡
DESTAPAMOS O EXTRAÑO OBXECTO E............





 ATOPAMOS UN CASTELO CON MANOLA DENTRO E A BRUXA PATUXA CUN PERGAMIÑO PARA NÓS. 
LEEDE, LEEDE, MIRADE O QUE NOS DÍ¡¡¡

POIS BEN, DESPOIS DE LEELO, FIXEMOS O NOSO PRIMER ESFORZO POR SALVAR A CARACOLA E... XA TEMOS 3 CHAVES¡¡¡¡
A PROFE CHARO, LAURA E ÁLVARO CONSEGUIRON ESCRIBIR O SEU NOME¡¡¡


XA QUEDAN MENOS CHAVES PARA ABRIR O CANDADO¡¡¡
ÁNIMO A TODOS E A TRABALLAR DURO PARA VENCER A BRUXA PATUXA¡¡¡¡

DESPOIS A PROFE PREGUNTOU AOS NENOS/AS QUE SABÍAN DAS BRUXAS E DOS CASTELOS E MIRADE CANTO SABEN ESTE NENO/AS:
As bruxas veñen voando e de noite (María); as bruxas veñen voando aos castelos(Aixa); comen sapos e culebras(Bernardo); despertan aos nenos/as (Mariña); veñen na súa vasoira (Laura); Nos castelos tamén hai dragóns (Bernardo); tamén viven raiñas, princesas, principes, bruxas e bufóns... contesta María. Ademáis, profe, as bruxas rouban sapos, dí María. Comen aos nenos (Laura), con patacas contesta Bernardo.
Tamén levan gorro (Aixa) e son malas, malísimas afirma Bernardo¡¡¡

Pois ven, esta foi unha parte do ven que o imos pasar investigando sobre este maravilloso mundo ao mesmo tempo que nos divertimos.
Xa vos contaremo¡¡¡¡¡









viernes, 4 de octubre de 2013

O CIRCULO

Os nenos e nenos de 3 anos estivemos observando que existen moitas cousas coa forma do círculo 
(dvd, botóns, a letra o, a tortilla de patacas, a pelota....)

Entre todos fixemos o noso mural do círculo e despois empregando tapóns das botellas de leite estampamos círculos de cores sobre unha cartolina azul.

Este foi o resultado.




A QUÉ SABE A LÚA?

¿A que saberá a lúa?

Hoxe as mestras tiñan unha caixa chea de sorpresas, Que haberá dentro da caixa?

SIIIIIIIIIIIIII, o conto A QUÉ SABE A LÜA?

A tartaruga quería saber a qué sabía a lúa pero como estaba moi alta... tivo que pedir axuda aos seus amiguiños.

MIRADE MIRADE¡¡¡¡







A cada neno/a a lúa sábelle ao que máis lle gusta, a uns sábelle a chocolate, a outros a espaguetis, a outros a piruleta... e o máis importante...
DISFRUTAMOS DO CONTO¡¡¡¡

E para quen non coñeza o conto....