jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAIN

Como todos os anos festexamos o Samaín no centro.
Ademáis de decorar o cole de forma tenebrosa, expor as cabazas feitas por todos vós 
e facer ao longo do día obradoiros ... 
os nenos/as veñen disfrazados de forma moi terrorífica¡¡¡
É un día de MEDO¡¡




Disfrutade do SAMAÍN

Bicos terroríficos sabor diversión¡¡¡

martes, 28 de octubre de 2014

TARTA DE CHOCOLATE BY CARLA MILLÁN

Hoxe Carla Millán quixo compartiren con todos nós o ben que o pasou
 elaborando unha deliciosa tarta de galletas receta da avoa¡¡¡
Para explicarnos todo o que fixo elaborou este detallado mural.

Fíxonos a boca auga¡¡¡

lunes, 27 de octubre de 2014

LIBRO DOS OFICIOS

Esta semana foi Mariña a encargada de facer parte do nosos libro dos oficios. 
Contóunos que a súa nai e avogada, que traballa nun despacho, entre moitos papeis ao igual que o seu pai que é economista e leva as contas no Hospital Provincial de Santiago.

A súa nai e Avogada

O seu pai econocmista

DIEGO E OS SEUS CUPCAKES¡¡¡



Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a vistia de Diego, cociñeiro no Parador.
Falounos do seu traballo, ensinounos moitísimos utensilios que emprega na cociña e...
 fixo unha pequena demostración  elaborando merengue, espuma de chocolate e uns deliciosos cupcakes¡¡
QUE BO ESTABA TODO¡¡¡
MOITÍSIMAS GRAZAS DIEGO¡¡¡



miércoles, 22 de octubre de 2014

Claudia

Claudia estivo moitos días maliña. Despois de moitos días sen vir á escola... hoxe apareceu na clase con moitísimas cousas que fixo durante todos estes días.
Fixo moitos doces (magdalenas, galletas...) unha pizza... e... mirade mirade cantas cousiñas¡¡¡
Grazas Claudia por compartiren con todos nós todo o teu traballo.





PANTASMA COMEMEDOS

Está moi preto a festa do Samaín e na clase estamos a ler contos de medo.
Xurden moitos medos: medos ás pantasmas, aos morcegos, aos zombis, á escuridade, aos  lobos, cans...
Para iso facemos a nosa pantasma comemedos, a decoramos ben fermosa para que non de medo e....
A COMER TODOS ESTES MEDOS¡¡¡




lunes, 20 de octubre de 2014

Hoxe fixemos Mini Pizzas¡¡

Hoxe fixemos Pizzas¡¡¡ ÑAM ÑAM¡¡¡ Que boa pinta teñen¡¡¡
Primeiro fixemos a mini pizza de Carla que como é Celíaca empregamos unha base especial para ela.
Despois fixemos a nosa mini pizza o resto dos nenos/as. 
Empezamos cortando a base cun molde, despois botamos un pouco de tomate, 
xamón cocido en anacos e por último queixo. 
Listo para cocer no forno¡¡¡
Empregamos un forno pequeno que nos deixou a profe María.
Moitísimas grazas María¡¡¡



Aqui tedes todo o prceso e o resultado que... sentíndoo moito... non quedaron ni  as migallas¡¡¡



Libro dos oficios

Este Luns o encargado de traer o libro dos oficios foi Izan. 
Explicou por medio de fotografías que o seu pai era mariñeiro 
e que a súa nai traballaba no supermercado Mercadona.
Aquí tedes o seu traballo.



sábado, 18 de octubre de 2014

COGUMELOS DO OUTONO

Xa chegou o Outono e nós quixemos facer os nosos cogumelos, 
moi presentes na paisaxe propia da estación na que estamos.
Pintamos con témpera marrón cortiza,  fixemos boliñas con plastilina vermella e engadímoslle uns anacos de branco facendo os puntiños. Finalmente, coa axuda da mestra fixemos a composición e rematamos o nosos cogumelo pegando lentellas simulando o chan.
O resultado... a nosa Amanita Muscaria



miércoles, 15 de octubre de 2014

BARQUIÑO DE FROITAS

Hoxe Aixa trouxo un agasallo para todos nós.
 Un fermoso barquiño de froitas que fixo coa súa nai.



Estaba riquísimo¡¡¡¡ 
Moitísimas grazas  Aixa e a súa nai.

martes, 14 de octubre de 2014

O PROMETIDO¡¡

Aquí tedes o reusltado dos nosos bombóns.  Listos para que os disfrutedes¡¡¡


e como non podía faltar.... un pequeno vídeo moi doce de todo o proceso¡¡¡







lunes, 13 de octubre de 2014

Bombóns

Seguimos a preparar as nosas recetas.
 Nesta ocasión quixemos facer uns Bombóns aptos para celíacos.
Xuntámonos cos nenos de 4 anos A e puxémonos mans á obra.
Primeiro organizamos os ingredientes e os utensilios a empregar: 
chocolate, cereais, moldes de silicona, bol de cristal e unha culler de pau


Primer paso: temos que trocear o chocolate (que non resulta tan fácil, está moi duro¡¡¡)


Segundo paso: teremos que fundir o chocolate no microondas e engadir os cereais.


Finalmente enchemos os moldes co chocolate e... 
a deixa-lo enfriar para poder probar estes deliciosos bombóns.


Mentras esperamos... disfrutamos dun pouquiño de chocolate que sobrou da nosa receta. 
Estaba moi rico e quentiño.


Mañá poderedes ver e degustar o resultado final¡¡¡
Bicos sabor chocolate¡¡¡

Libro dos oficios

Continuando o nosos proxecto ímos elaborar o Libro dos oficios onde, coa axuda dos nosos pais, teremos que explicarlles aos nosos compañeiros cál é o oficio do noso pai ou nai (ou ambos).
A primeira en levar o libro foi Ana, explicounos que o seu pai traballa na lonxa de Vigo, falou un pouquiño do seu traballo e de como é a súa roupa de traballo. Tamén falou do traballo da súa nai, profesora de matemáticas e de que, a diferencia das mestras de infantil, non leva mandilón. 
Aquí tedes o seu traballo.


A súa nai é Profesora de Matemáticas.


O seu pai traballa na lonxa de Vigo

viernes, 10 de octubre de 2014

Visitamos a Praza de Abastos

Continuando co noso proxecto "Coñecenos Cambados a traves dos oficios", os nenos/as de 4 e 5 anos quixemos visitar a praza de Abastos para coñecer máis a fondo o traballo das peixeiras.
Ademáis puidemos comprobar que non so se vende peixe e marisco
 se non que tamén podemos mercar carne, froita, flores e pan de millo.
Unha experiencia moi gratificante na que aprendimos moito dalgúns oficios da nosa comarca.


Pasámolo xenial pero... chegamos todos moi cansos e con moita fame,
 foi unha longa caminata¡¡¡


lunes, 6 de octubre de 2014

Tarta de Chocolate¡¡¡

Como cada luns, ao longo deste trimestre, adicamos un ratiño a facer a nosa receta da semana.
Neste caso quixemos facer unha tarta de chocolate apta para celíacos.
Primeiro escribimos os ingredientes, falamos de como se debía facer, miramos se as nosas mans estaba ben limpas, prparamos os ingredientes e... a COCIÑAR¡¡¡¡  
Menudos cociñeiros temos na aula¡¡¡
Disfrutamos moitísimo e... qué rica estaba¡¡¡ 
Sentimos moito non deixarvos un anaco pero... mirade mirade... 









viernes, 3 de octubre de 2014

Seguimos a recibir máis cousiñas

Menudos cociñeiros temos na clase¡¡¡ 
Hugo fixo unhas empanadillas de atún coa axuda do seu pai e quixo explicarnos todo o proceso 
por medio dun gran mural onde puidemos ver o ben que o pasou.
De seguro que estarían riquísimas pq estaban todas no seu bandullo, ja ja ja
non quedaron nin as migas¡¡


E mirade que guapo estaba Oliver co seu mandil, rolo e gorro de cociñeiro