lunes, 13 de octubre de 2014

Bombóns

Seguimos a preparar as nosas recetas.
 Nesta ocasión quixemos facer uns Bombóns aptos para celíacos.
Xuntámonos cos nenos de 4 anos A e puxémonos mans á obra.
Primeiro organizamos os ingredientes e os utensilios a empregar: 
chocolate, cereais, moldes de silicona, bol de cristal e unha culler de pau


Primer paso: temos que trocear o chocolate (que non resulta tan fácil, está moi duro¡¡¡)


Segundo paso: teremos que fundir o chocolate no microondas e engadir os cereais.


Finalmente enchemos os moldes co chocolate e... 
a deixa-lo enfriar para poder probar estes deliciosos bombóns.


Mentras esperamos... disfrutamos dun pouquiño de chocolate que sobrou da nosa receta. 
Estaba moi rico e quentiño.


Mañá poderedes ver e degustar o resultado final¡¡¡
Bicos sabor chocolate¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario