jueves, 30 de abril de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

Seguimos cos contos

Hoxe a mamá de Izan quixo compartir un ratiño do seu tempo para contarnos uns contos

- La gata Lupe: El tesoro de cumpleaños

 

- Porque eres mi amigo


Pasamos un rato moi divertido.
Moitísimas grazas¡¡¡




Parabéns Mauro

Moitísimas Felicidades Mauro
xa tes 5 aniños, 
a disfrutalos¡¡¡



viernes, 24 de abril de 2015

A nena e o grilo no país das apertas

Despoís da exposición adentrámonos no mundo do teatro para disfrutar da obra 

" A nena e o grilo no país das apertas"


Na que se retrata a amizade dun grilo cantarín, que deixa de cantar, e unha nena con poderes máxicos, con medo aos abrazos, a través de cancións propias do século XXI con tintes de pop, rock... que nos sumerxen nun mundo máxico.
Un gran día no que ademáis de disfrutar aprendimos moitísimo.










A Arte do gravado de Picasso a Barceló

Hoxe os nenos/as de 4 e 5 anos tiveron a gran sorte de poder visitar a exposición " A arte do gravado de Picasso a Barceló" que se realiza no Café Moderno de Pontevedra, sede da Fundación Galicia Obra Social e onde puideron observar máis de preto obras artísticas dos mellores mestres do século XX


De seguro que o pasaron xenial e que aprenderon moitísimas cousas, ademáis... fixeron o seu primer gravado, toda unha experiencia.










jueves, 23 de abril de 2015

FELIZ DÍA DO LIBRO

Como ben sabedes, ao longo destas últimas semanas estivemos conmemorando O día do libro con moitísimos contos por parte das familias e das mestras do cole.


Para festexar dita conmemoración, dende o cole quixemos poñer ben fermosa a nosa entrada destacando aqueles libros que máis nos gustaron: 
A Eiruga larpeira de Eric Carle; 
Colores, Sin título...  de Hervé Tullet  
e Paco de Paula Carballeira
así como moitos outros dos que disfrutamos cada día.










miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O DÍA 8 DE ABRIL CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
E DENDE O COLE QUIXEMOS FESTEXALO POR MEDIO DUNHA CHARLA ADICADA A TEMÁTICA QUE OFRECEU SARA ESPECIALISTA NO ÁMBITO DA SAÚDE.








lunes, 20 de abril de 2015

DE CONTO EN CONTO

Seguimos a disfrutar dos contos. 
Nesta ocasión a nai de Carla Martínez veu contarnos " Os bolechas van ao cole".
Moitísimas grazas por compartir con todos nós o teu tempo¡¡¡




viernes, 17 de abril de 2015

Semama do libro

Para rematar a semana, a mamá de Pilar veu contar dous contos

" O Gato con botas"

" Que hay para cenar?
Pasamos un rato moi divertido.
Moitísimas grazas María por compartir o teu tempo con todos nós.


jueves, 16 de abril de 2015

Semana do libro

Hoxe quixo compartir con todos nós un anaco do seu tempo Belén, 
a mamá de Javi que quixo contarnos un conto dos Bolechas, A Policia Local. 
Disfrutamos moitísimo
Moitas Grazas Belén


martes, 14 de abril de 2015

Libro dos oficios

O libro dos oficios está a chegar ao seu fin. 
Xa quedan moi poucos nenos/as por traballar o oficio dos seus pais.
Nesta ocasión foi Álvaro quen nos explicou en qué consistía o traballo dos seus pais.
A súa nai e Administrativa e o seu pai electricista.
Aquí tedes o seu traballo.



lunes, 13 de abril de 2015

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

Ao longo deste mes, dende o 13 ata o 30 de Abril conmemoramos o día do Libro.
Para ilo, recibimos a visita de familiares para ler connosco un conto.
Nesta ocasión foi a mamá de Airela a que quixo compartir con todos nós un ratiño do seu tempo e contarnos o conto 101 Dalmatas.
Moitísimas grazas¡¡¡