miércoles, 24 de septiembre de 2014

Somos Cociñeiros.

Xa empezan a chegar as primeiras cousiñas para traballar no Proxecto "Somos Cociñeiros"


Carla Millan trouxo un álbum con recetas, ciclos productivos e debuxos dalgúns alimentos e Bernardo propaganda do super e un libro de cociña con moitas recetas.


Aixa un libro sobre cousas do mar onde observamos os distintos peixes, mariscos... algas e cousas coas que se poder traballar na pesca. Yago un fermosos traxe de cociñeiro que lle fixo a súa nai e co que estaba así de guapo.

Para os que aínda non tedes moi claro que traer ... deixamos algunhas suxerencias: utensilios de cociña (culler de madeira, taboa de madeira, potas...); xogos de alimentos, mandíl, contos sobre cociñeiros ou alimentación, roda ou pirámide dos alimentos, algunha receta feita na casa e explicada por medio de fotografías para que se poida explicar na aula, imáxenes de como son os restaurantes onde traballan os cociñeiros, lugares de traballo dos cociñeiros... 

Esperamos que serva de axuda estas pequenas suxerencias.
Un saúdo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario