miércoles, 30 de marzo de 2016

INICIAMOS TRIMESTRE



Despois dun periodo de descanso iniciamos novo trimestre.

Continuando co noso proxecto anual, Coñecemos Galicia, queremos indagar un pouquiño sobre o Camiño de Santiago.

Para iso, precisamos da vosa colaboración achegando todo aquilo que poida axudar na nosa investigación  sen obviar que estades convidados a realizar calquer actividade que consideredes oportuna.

Ademáis, tendo en conta que o trimestre e moi curto e o tempo escaso… intentaremos traballar a Manuel María, conmemorado este ano nas Letras Galegas 2016 e finalizar o trimestre descubrindo xogos populares galegos sen deixar de reforzar os contidos traballado ata agora e profundizar noutros moitos.


Todo iso condicionado polo pouco tempo que nos queda.

Un saúdo

As titoras de 6º


No hay comentarios:

Publicar un comentario